Avezar

Política de envío e devolucións

ENVÍOS

ESPAÑA (só península):

  • Envío gratuito para pedidos superiores a 30€: Entrega 2 a 5 días laborables.
  • Envío por mensaxería (pedidos inferiores a 30€): 3,50€. Entrega 2 a 5 días laborables.
  • Envío por correo certificado (pedidos inferiores a 30€): 5,50€. Entrega 2 a 5 días laborables.

 

PORTUGAL E ILLAS:

  • Envío gratuito para pedidos superiores a 30€: Entrega 2 a 10 días laborables.
  • Envío por mensaxería (pedidos inferiores a 30€): 8€. Entrega 2 a 10 días laborables.
  • Envío por correo certificado (pedidos inferiores a 30€): 9€. Entrega 2 a 10 días laborables.

 

Para envíos ao resto de Europa ou outros lugares contactar previamente para coñecer as condicións.

Os pedidos que entren en sábado ou domingo sairán o luns pola mañá.

O tempo de entrega pode variar polo que se precisas o teu pedido nunha data concreta, contacta a través do correo electrónico info@avezar.gal para ver as posibilidades.

 

CANCELACIÓNS

  • Os pedidos realizados en Avezar poden cancelarse, pero sempre dentro das 12 horas posteriores a efectuar o pedido e sempre que non houbera saído xa do noso almacén. Pola contra, cobraranse os gastos de envío.
  • Se queres cancelar un pedido, envíanos un correo electrónico a: info@avezar.gal indicando o teu nome, o número de pedido e o importe, e procederemos á súa devolución.

 

 DEVOLUCIÓNS

  • Para devolver un produto de Avezar é importante que este sen abrir e en perfectas condicións de uso. Non se admitirán xogos ou materiais sen precinto orixinal.
  • Para proceder á devolución do produto envía un correo electrónico a: info@avezar.gal para deixar constancia da túa devolución.
  • Indica no asunto do correo o concepto “Devolución” e o número do pedido que queres devolver.
  • Contestareiche ese correo explicando como xestionar a devolución.
  • Tés un prazo de 20 días desde a recepción do pedido para efectuar a devolución.
  • Se hai algún erro na entrega ou no produto, os gastos ocasionados pola devolución correrán por conta de Avezar.
  • O reembolso do importe do produto farase ao recibir o artigo (non se inclúen os gastos de envío). Este proceso pode tardar un par de días.